Axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local denunciaron esta fin de semana a dous cidadáns que camiñaban pola vía pública o pasado sábado despois das 11 da noite. Saltándose o toque de queda decretado polo Goberno. Ningún deles, segundo explican fontes policiais puido xustificar o motivo para incumplir este decreto, puidendose enfrontar, cada un, a unha sanción de entre 600 e 30.000 euros.
Tamén o sábado, e segundo indica a Policía Local nun comunicado, os axentes denunciaron a catro persoas por non facer uso da máscara nas rúas Camiño Real e Avenida da Coruña. Un dos denunciados, ademáis, estaba a molestar aos viandantes e tusir hacia eles nunha zona, informan os axentes, de importante tránsito peonil.