A Policía Local de Lugo denunciou no día de onte aos propietarios de sete establecementos comerciais de servizos non esenciais por permanecer abertos máis aló das 6 da tarde, incumprindo así o peche decretado polo Goberno Galego como medida para evitar a propagación da covid. Cada infractor se podería enfrontar a sancións a partir dos 500 euros.
Do mesmo xeito a Policía Local denunciou a un cidadán por saltarse o peche perimetral de Lugo sen incorrer en ningún dos motivos de excepción.