Denunciados tres cidadáns por non facer uso da máscara

A Policía Local de Lugo vén de levantar tres actas de denuncia a tres cidadáns por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao incumprir a obriga da utilización de máscara de protección cando se atopaban transitando pola vía pública sen garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e sen atoparse nas causas de exención contempladas no Real Decreto Lei 21/2020. As infraccións foron detectadas nos diferentes dispositivos que se están a levar a cabo dende o corpo municipal de Policía para o control do cumprimento das medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria.

Por outra banda, debido ás graves irregularidades detectadas pola Policía Local, na noite do pasado 8 de xullo nun establecemento hostaleiro da rúa Salvador de Madariaga, axentes do Grupo Operativo Nocturno, procederon a notificar na pasada madrugada ao encargado do local o Decreto polo que se acorda como medida cautelar a suspensión da actividade no prazo de 24 horas seguintes á recepción da notificación. Xunto co aviso, os axentes advertiron ao encargado que, en caso de incumprir este Decreto, efectivos do corpo policial procederan á precintaxe do establecemento.


Imaxe dun control da Policía Local cedida polo Concello de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com