Denuncian a utilización de artefactos anticegoñas en Monforte de Lemos

Se hai unhas semanas Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción denunciaban a desaparición de varios niños e a colocación de diversos artellos anticegoñas na vila de Chantada, nestes días ambas organizacións acaban de constatar unha situación moi similar tamén no sur da provincia de Lugo, na vila de Monforte de Lemos.

Segundo sinalan estas organizacións ecoloxistas Monforte de Lemos conta cunha colonia de cegoñas brancas que ven de ser censada constatando o seu lento pero constante crecemento. Esta colonia aniña principalmente na estación de ferrocarril sobre as catenarias do tren, pero unha minoría o fai nos tellados de vivendas aledañas. Son nalgúns dos tellados destas casas cercanas á estación onde se atopan os artefactos anticegoñas denunciados.

Amigos das cegoñas e Ecoloxistas en Acción xa denunciaron o ano pasado a colocación de artefactos electrificados nos tellados con niños de cegoñ, os cales foron retirados grazas á intermediación da Xefatura de Medio Ambiente. “Porén parece que algúns veciños reinciden nesta práctica ilegal e moi perigosa tanto para a cigoña, ave protexida, como para calquera outro paxaro”.

“Facemos un chamamento a veciñanza monfortina para que con empatía e sentido común se trate de convivir pacíficamente coas cegoñas, e se desista da utilización de trevellos non homologados que poden resultar moi perigosos tanto para as cegoñas como para o resto da fauna” -declara Nancy Blanco, voceira de Amigos das Cigoñas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com