A Deputación acada en Ribas de Sil un investimento de 2 millóns en impulso dos servizos públicos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega, informou esta mañá que o Goberno Provincial acadou un investimento de 2 millóns de euros en impulso dos servizos públicos deste municipio, tendo en conta as actuacións levadas no último ano e medio.

Campos Conde fixo referencia á residencia e centro de día público, que está en plena execución; ás melloras en vías de comunicación e dotacións públicas finalizadas, así como á prestación de servizos públicos; ademais das novas actuacións que se efectuarán con máis de 200.000 do presuposto deste ano e a través do Plan Único da Deputación en todos os Concellos da provincia.

Campos Conde e Sotuela Vega supervisaron as obras de construción da residencia e centro de día público cuxos traballos están en plena execución, coa previsión de rematalos nos vindeiros meses para, posteriormente, adquirir o mobiliario e solicitar a licencia de apertura imprescindible á Xunta de Galicia. O Goberno da Deputación achega só á construción do centro 1,2 millóns de euros, pois logo asumirá o equipamento. O Concello de Ribas de Sil colabora con 200.000 euros e a cesión dos terreos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com