A Deputación achega 3.000 euros e demostracións artesanais á “XII Feira de Ferreira de Pallares”

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes a “XII Feira de Artesanía de Ferreira de Pallares”, que terá lugar o 14 de agosto. Fíxoo xunto a Carlos Vázquez, que é o presidente da asociación que organiza esta cita, e María José Gómez Rodríguez, Tenente Alcalde do Concello de Guntín. O organismo provincial contribúe á celebración desta cita, colaborando coa Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares cunha achega de 3.000 euros. Tamén leva á feira, a través do CENTRAD, demostracións en vivo sobre canteiría.

García Porto agradeceu a asociación por “renovar e impulsar un entorno tan importante como é o Mosteiro de Ferreira de Pallares a través desta feira de artesanía, un evento que se consolida ano tras ano na provincia”. A Deputada subliñou que “este tipo de actividades axudan a contribuír o desenvolvemento da actividade económica da nosa provincia, ao tempo que poñen en valor os oficios artesanais propios da nosa cultura”.

Unhas 1.000 persoas congréganse todos os anos no entorno do Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares, recoñecido como Ben de Interese Cultural. A feira contará cunha ducia de postos artesanais e varias demostracións en vivo destes profesionais que poderán desfrutar todos os asistentes.

Programación da xornada

Ás 11:00 horas abrirase o recinto feiral. Durante toda a xornada, haberá exposicións e venda de produtos artesanais, así como diversos obradoiros de talla de madeira, forxa, apicultura, tear e cestería, entre outros.

A programación inclúe ás 13:00 horas degustación gratuíta de filloas. O pregón será a cargo de, Alberto López Sánchez. director de zona dunha importante entidade bancaria, ás 13:15 horas. Os actos relixiosos serán ás 13:45 horas. A continuación, terá lugar o xantar de confraternidade. As persoas que queiran comer no xantar deberán retirar os tíckets antes do 9 de agosto nos recintos establecidos (Casa Fidalgo, Bar Stop e Casa Maestro de Matei). Os prezos da comida son de 24 euros paras os que non sexan socios e de 22 euros para os socios. Para os menores de 11 anos o prezo é de 13 euros. Máis información no teléfono 982320133.

 

Ao longo de todo o día, disputarase un campionato de tute e haberá actuacións musicais que animarán as rúas da parroquia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com