O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, informou esta mañá sobre o investimento superior aos máis de 700.000 euros, que achegou o Goberno Provincial aos 1.700 veciños deste municipio nun ano para servizos públicos. Foron 431.000 euros do orzamento de 2016 e 275.000 os destinados, polo de agora, do presuposto deste ano. O conxunto destes investimentos adicaronse ao impulso das infraestruturas, dos servizos socias e do emprego.
O Executivo Provincial acondicionou un tramo de 2 quilómetros da LU-P- 2501 de Sá a Teixeira e da LU-P- 4706 da Pobra de Brollón a Cruz do Incio. Os traballos, dotados con 90.000 euros, consistiron na mellora do firme co e a limpeza de cunetas.
O Goberno da Deputación executou outros 21.000 euros para a ampliación dos accesos a Castelo, San Martiño de Laiosa, Trascastro, Pacios, Vilamea e varias fincas agrogandeiras de Son. Nas vindeiras semanas, o Executivo Provincial acondicionará o acceso á parroquia de Toldaos, beneficiando directamente aos preto de 70 veciños que viven nesta zona. Estes traballos contan cun investimento de máis de 50.000 euros do Goberno da Deputación.
Campos Conde e Celeiro García participaron na recepción do novo vehículo de recollida de lixo para o municipio, que o Goberno da Deputación financiou na súa totalidade con 138.000 euros, un pulo a este servizo público que comezou a funcionar este luns.
O Presidente e a Alcaldesa supervisaron as melloras que a Deputación levou a dous locais sociais en Lebón e Erixalba. Estes traballos, que contan con máis de 21.000 euros, permitirán reducir a factura de luz en máis dun 10% ao ano, aforrando preto de 670 euros ao Concello.
En canto a servizos sociais e con cargo ao orzamento de 2016, máis de 41.000 euros foron para a xeración de novos postos de emprego cos que reforzar os servizos públicos municipais a través do DepuEmprego. Asemade, o Goberno da Deputación atende a 20 maiores do Incio e faino con máis de 30.000 euros, que permiten o funcionamento do Servizo a Domicilio para non dependentes, así como coa Teleasistencia gratuíta.