electricidade taxas uso de dominio publico

A Deputación acolle unha xornada informativa para os concellos sobre taxas ás eléctricas polo uso de dominio público

A Deputación acollerá ,mañá, ás 17:00 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, unha xornada informativa sobre taxas ás eléctricas polo uso de dominio público. O Goberno Provincial, dende o departamento de Cooperación cos Concellos, puxo en coñecemento de todos os Alcaldes da provincia a celebración desta iniciativa por se fose do seu interese participar.

Esta xornada informativa xorde logo de que o Tribunal Supremo avalara nas últimas datas diversas sentenzas para a aplicación dun canon municipal ás compañías eléctricas pola utilización de espazo público dos Concellos. A comezos de ano, o Supremo aceptou as taxas que o Concello de Arteixo propuxo cobrar a estas compañías, segundo os metros cadrados que utilicen tanto no subsolo con canalizacións, como no aire, con tendidos eléctricos.

Así, na reunión do martes participará un butefe de avogados experto nesta materia. O obxectivo desta reunión é que os municipios lucenses dispoñan de toda a información para poder iniciar, se cabe, os procesos e trámites necesarios para poder facer efectivo o citado gravame.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com