O temporal de neve continúa a ser a nova da semana. Despois da pasada noite na que se rexistraron na provincia temperaturas de ata cinco graos baixo cero, hoxe a maioría dos concellos lugueses amencían cubertos de neve. O dispositivo de inverno da Deputación, composto por case 70 operarios e 30 máquinas, pasou a mañá acondicionando máis de 100 estradas de 18 Concellos, sobre todo na zona sur e na montaña, por acumulacións de xeo e neve.
Asemade, logo de que onte denunciaran dende o Executivo Provincial a retirada de centos de toneladas de sal dos seus silos, chegando incluso a forzar os candados, o Goberno da Deputación está a intentar contrarrestar esta perda. Por eso mesmo, o ente repuxo esta mañá con 27 toneladas de sal dous dos silos dos que dispón na provincia para atender as emerxencias nas vías causadas pola neve e o xeo. Os municipios máis afectados por este motivo son Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín, onde practicamente todas as estradas estiveron cortadas polo xeo.
O vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, reiteraba hoxe que a empresa subministradora de sal, non é capaz de responder á gran demanda que se está a producir en toda España e calculou nuns 70.000 euros o custe de abastecer cada un dos doce silos da institución provincial.
Martínez asegurou que “un dos silos que enchimos antonte, foi vaciado hoxe” e solicitou de novo ás diferentes administracións que se abastecen destes silos que den conta do sal que retiran para que o executivo provincial poda levar un control do que se consume.
4.400 escolares sen clase
Asemade, a neve e o xeo foron os culpables de que preto de 4.400 escolares non puidesen acudir aos seus centros de estudos. A diferencia que estos días atrás, hoxe 27 centros suspenderos as clases e 70 víronse afectados polas faltas dos alumnos.