A Deputación mantén activado o nivel de alerta amárelo, debido ás baixas temperaturas anunciadas polos servizos meteorolóxicos coa chegada dunha ola de frío siberiano, que oscilarán entre os menos 2 grados da Terra Chá e o Centro de Lugo, e os menos 5 grados de Pedrafita, A Fonsagrada ou Courel.
Para garantir o tráfico rodado e a seguridade nas estradas provinciais, que ocupan unha extensión de 4.200 quilómetros, a rede viaria dividiuse en 8 zonas que cobren os 67 concellos da Provincia, son as seguintes;
Zona 1; Vilalba, Xermade, Muras, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Xove, Burela e Cervo.
Zona 2; Foz, Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Barreiros, Ribadeo, Lourenzá, Trabada, Abadín, Pastoriza, Riotorto e A Pontenova.
Zona 3; Cospeito, Castro de Rei, Meira, Pol, Baleira, Castroverde, Baleira, Láncara, Baralla, O Corgo, Lugo, Outeiro de Rei e Rábade.
Zona 4;Guitiriz, Begonte, Friol, Palas de Rei, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Paradela, Sarria.
Zona 5; Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
Zona 6; Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
Zona 7; Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Zona 8; Taboada, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Sober.
O Deputado de Vías e Obras, Argelio Fernández, remarcou que o organismo provincial ten previsto un dispositivo para atender a cada zona da provincia, segundo a extensión da mesma. “Haberá medios mecánicos que estarán compostos por: dúas máquinas quitaneves con cuña, dous tractores adaptados con saleiro e cuña e dúas pick up, adaptadas con cuña e saleiro, e dous vehículos de apoio con medios mecánicos. E no que se refire a medios humanos: 14 operarios por zona”.
Labores de prevención a partir das 17:00 horas
Para respostar ás posibles inclemencias meteorolóxicas comeza hoxe a partir das 17:00 horas, unha labor de prevención coa extensión de sal, que garante que non se formen placas de xeo, e ademais evita a agresividade doutro tipo de fundentes.
Está previsto empregar 300 toneladas de sal repartidos nos 12 silos dos que dispón o parque móbil. Os medios mecánicos serán de tres camións dispersadores en cada unha das zonas, que realizarán un total de 24 máquinas con 48 operarios.
O Servizo de Vías e Obras operativo ás 24 horas
Para garantir a viabilidade nas estradas os medios mecánicos e humanos permanecerán nas bases das zonas de actuación ata remitir o fenómeno metereolóxico adverso, e estarán dispoñibles para responder a calquera actuación que sexa necesaria. O Servizo de Vías e Obras permanecerá operativo ás 24 horas durante esta xornada.