A Deputación adxudica 1,2 millóns de euros á mellora de 7 novas estradas da súa competencia

O goberno da Deputación vén de aprobar hoxe en Xunta de Goberno, a adxudicación das obras de mellora en 24 km de 7 estradas provinciais en catro municipios. Así o anunciou o vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez, quen explicou que o entre provincial inviste 1,2 millóns de euros nestas obras que se suman as actuacións anunciadas a pasada semana, deixando un total de 5 millóns de euros en melloras das principais estradas provinciais en tan só dúas semanas.

Asemade, Martínez deu conta tamén da reinversión de cartos destinados no pasado Plan Único aos Concellos e que estes non usaron. Un total de máis de 106.000 euros que o executivo provincial destinará a melloras neses mesmos concellos que lograron aforrar parte da súa partida correspondente ao Plan Único.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com