A Deputación adxudica os primeiros traballos para a residencia-centro de día público en Becerreá

O voceiro do Executivo Provincial, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación dos primeiros traballos para a construción da residencia e centro de día público da Deputación no Concello de BecerreáSantos Ramos explicou que “son traballos que terán un custe de 70.000 euros, que consisten na demolición da antiga Escola Fogar e acondicionamento da parcela onde se sitúa.

Para o deputado, o centro de maiores de Becerreá “é dunha dotación social moi demandada polos veciños dende hai anos”, e que, tras o compromiso a executala que fixo Feijoo no 2009, o Concello puxo a disposición do Goberno galego os terreos e o proxecto de construción, “que agora ten que asumir a Deputación con 100.000 euros”.

Deputación e Concello de Becerreá, que sempre defenderon esta dotación social, asumen a súa construción en 4 anualidades. O organismo provincial ten comprometidos 103.700 euros do orzamento de 2016, dos que, finalmente, tras as baixas na contratación, se empregan 70.000 euros; 2 millóns de euros este ano, 2 millóns no 2018, e unha última achega no 2019 de 1 millón.

Logo do remate dos traballos de demolición e adecuación do terreo, que previsiblemente será cara maio, o Goberno da Deputación iniciará o proceso de contratación do proxecto de construción do centro de maiores. Estas instalacións ofrecerán un mínimo de 96 prazas na residencia e 40 no centro de día.

Asemade, a Xunta de Goberno provincial acordou tamen iniciar o proceso de adxudicación para un servizo de documentación do patrimonio artístico, cultural e artesanal da Deputación. Sácase a contratación, segundo informou Álvaro Santos Ramos, por un prezo máximo de 98.000 euros para catalogar todas as pezas do CentrAD, da Capela de Santa María e do Museo Provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com