O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou sobre a aprobación na Xunta de Goberno deste venres dun investimento de 1,2 millóns de euros para a construción dunha residencia e centro de día na Pontenova.
Campos Conde explicou que na sesión de hoxe aprobouse, ademais deste investimento por parte da Deputación, o convenio de colaboración co Concello da Pontenova. Este supón que o municipio colabore no financiamento das obras desta dotación social con 200.000 euros e con outros 120.000 euros para a compra dos terreos. Nos vindeiros días, vaise a iniciar o proceso de adquisición deste espazo, duns 1.500 metros cadrados, así como co deseño do proxecto coa previsión de ofertar 30 prazas de residencia e 20 no centro de día, e de arrancar coas obras este ano.
O Presidente tamén informou sobre a aprobación doutros investimento de 900.000 euros para o arranxo de 10 estradas e accesos, concretamente de 20 quilómetros das mesmas, que discorren por 5 Concellos.