A Deputación de Lugo aprobou hoxe por unanimidade levar a cabo unha modificación de crédito para inxectar outros 3,2 millóns de euros do Orzamento 2016 na provincia. Trátase dun investimento, principalmente, adicado a novas melloras nas prestacións públicas de Concellos de toda a provincia, así como ás axudas correspondentes para o C.B. Breogán e o C.D. Lugo por un importe de 708.000 euros.
Entre os investimentos aprobados destacan 40.000 euros para o Campus de Lugo, uns 219.000 para enerxía e transferencias de capital a Concellos e uns 7,500 euros para feiras e exposicións.
No referente aos investimentos aprobados para os concellos destaca en Sarria a construción da Ponte Ribeira, e reestruturación da rede informática do Concello por 208.000 euros, así como o abastecemento de auga a unha ducia de barrios do concello de Cospeito por valor de 481.000 euros.