A Deputación inviste 3 millóns de euros nun plan de emprego para os concellos

A Deputación de Lugo inviste 3 millóns de euros para a posta en marcha de DepuEmprego, o Plan de Emprego do ente provincial nos Concellos. O presidente da institución, Darío Campos explicou que esta programación inclúe subvencións de entre 27.000 e 67.000 euros para os 66 municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Con estas axudas, a Deputación financiará aos Concellos os gastos de persoal e da seguridade social, derivados da contratación de novos traballadores, cos que reforzar a prestación de servizos públicos municipais aos veciños.

“Como sempre apostei, serán os propios Concellos os que decidirán, en función das súas necesidades, os perfís laborais. Deste xeito, poderán contratar dende peóns, a socorristas, administrativos, arquitectos ou enxeñeiros, entre outros moitos”, apuntou o presidente.

Os municipios tamén se encargarán dos procesos de selección e de contratación. Con todo, a Deputación establece a obriga de facer primar na contratación a colectivos en risco de exclusión, como maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com