A Deputación aproba instar á Xunta a incluír a lingua de signos na educación obrigatoria

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a moción presentada polo Grupo Provincial Socialista para instar á Xunta de Galicia e ao Goberno Central a inclusión da Linguaxe de Signos na educación obrigatoria mediante a creación dun programa específico con dotación orzamentaria propia dedicado a este fin e dirixido ao alumnado, docentes e familias.

No trascurso do debate, os populares salientaron que os centros educativos xa contaban con autonomía suficiente para a implantación dunha materia deste tipo, polo que defenderon que no texto da moción se recollese instar á Xunta a “continuar” nesta senda, xunto coa Federación Galega de Persoas Xordas. Nesta liña, a deputada Mari Teijeiro indicou que “a linguaxe de signos xa está inserida dentro do sistema educativo galego. Coincido na importancia de avanzar no coñecemento da lingua de signos pero non podo compartir parte do seu discurso porque os argumentos non son de todo certos”, explicou.

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos, aceptou esta achega e destacou que “dende o organismo provincial estamos traballando en iniciativas para a inclusión desta linguaxe no día a día dos veciños mantendo subvencións para que diferentes asociacións poidan ter intérpretes para os seus usuarios”.

Santos adiantou ademais que agardan poder, ao longo deste ano, incorporar un interprete en lingaxe de signos ás retransmisións dos plenos da Deputación por streaming.Iso esíxenos unha adaptación técnica xa que necesitaríamos dous cámaras e o software para, a través do streaming, retransmitir en dobre plano. É un obxectivo que nos temos marcado e que agardamos poder acadar ao longo deste ano. Ademais, tamén lles propuxemos mellorar a plantilla de intérpretes desta asociación co obxectivo de que, cando a Deputación ou calquera concello precise dun intérprete, poida prestarlle ese servizo”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com