O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno novos investimentos por valor de case 1,5 millóns de euros (1.478.964 euros) para mellorar prestacións públicas de 11 Concellos da provincia. Así o comunicou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, que desglosou as actuacións que se financian:
- Pantón: son 60.000 euros da Deputación para mellorar o abastecemento de auga en 5 núcleos rurais: Guítara, Toldaos, Curro, Verdeal e Goyán.
- Navia de Suarna: son 126.000 euros da Deputación para o arranxo e sinalización de vías e accesos municipais a 24 núcleos rurais: Figueira, Signada, Enbernallas, Ribeira, Balsa, Rao, Aigas, Freixis, Vallo, Vilor, Villarin, Cernada, Tabillón, Trabadelo, Traserra, O Vilar, Son, Robledo de Son, Coea, Penamil, Cantorcia, Ribón, As Covas e Barcia.
- Láncara: son 150.000 euros da Deputación para o acondicionamento de estradas e accesos municipais a 10 núcleos rurais: Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Busto-Cedro, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, Monseiro.
- Cospeito: son 481.741 euros da Deputación para mellorar as redes de abastecemento de auga de 12 núcleos: Desecavo, O Sumiero, Millarada, Monte, Toxar, Ponte Vilar, O Calvario, Sisto, O Rego, Grandela, Casás e Santalla.
- Lourenzá: son 150.400 euros da Deputación para o acondicionamento dun treito do Camiño, que vai de Zapateiro a San Adriano.
- Ourol: son 144.000 euros da Deputación para o arranxo de vías e accesos municipais a 7 núcleos rurais; para o acondicionamento do pavillón polideportivo municipal; e para a mellora da canalización de auga da Casa Consistorial.
- Ribeira de Piquín: son preto de 70.000 euros para colaborar co Concello na posta en marcha dun Centro de Día para maiores no Chao do Pousadoiro.
- Ribadeo: son 60.000 euros da Deputación para melloras no auditorio municipal Hernán Naval.
- Alfoz: son 150.000 euros da Deputación para mellorar a ETAP e accesos municipais a 6 núcleos rurais. Concretamente, en Airas, Pereiro, Lagoa, Castro, Carballido e Bacoi.
- Cervantes: son 19.000 euros da Deputación para novas actuacións de mellora no alumeado público no Piornedo, fóra do seu núcleo central, pois onde están as Pallozas contan con esta instalación, precisamente, grazas ao financiamento da Deputación.
- Palas de Rei: son case 50.000 euros da Deputación para a mellora dun treito da LU-P-2901, polo Burgo e Vilamaior de Negral. É a vía que fai de acceso á autovía a Santiago.