O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo da Deputación aprobou na Xunta de Goberno o Plan Estratéxico de Subvencións. Trátase da folla de ruta que vai marcar ata o 2019 os criterios para a concesión das subvencións da Deputación ao conxunto dos máis de 300.000 veciños de toda a nosa provincia.O PES destina un mínimo de máis de 6,6 millóns de euros a fomentar o emprego, a políticas sociais, a cultura, o deporte ou o medio ambiente, entre outras. En total, o Plan recolle 11 liñas de actuación diferentes.
O Plan é o marco xeral de funcionamento que permite á Deputación ser máis transparentes e rigorosos e, polo tanto, atender de mellor xeito as demandas dos nosos veciños.