A Deputación aproba os orzamentos coa abstención do PP e o BNG

A Deputación Provincial de Lugo aprobou os orzamentos para o presente ano, 2017, no pleno extraordinario celebrado esta mañá. Os orzamentos foron aprobados gracias aos 11 votos favorables do PSOE e ás abstencións dos doce deputados provinciais do PP e os dous deputados do BNG. O Presidente do organismo provincial, Darío Campos, conseguiuno a través dun Plan Único a favor dos concellos.

Para Darío Campos, os orzamentos “son o documento máis importante do Pleno” e cre fundamental “poñer a disposición dos lucenses” os presupostos da Deputación.

A voceira do PSOE, Mayra García Bermúdez, presentou o plan dos orzamentos que contarán cunha contía de 84,8 Millóns de euros coa que, segundo afirmou a socialista, suman na “mellora de condicións dos veciños da provincia”, manteñen a débeda cero e cumpren coa regra de gasto; ademais de adecuarse os obxectivos de estabilidade orzamentaria.

Para García Bermúdez, é preciso evitar o endebedamento futuro, pero cualificou de “inadecuada” a limitación do Goberno Central que non permite destinar os recursos aos servizos que resultan indispensables para os cidadáns.

Mayra García Bermúdez destacou a posta en marcha dun Plan Único para os 67 concellos, que dotarán de 20 millóns de euros e que se distribuirán en base a criterios obxectivos aprobados por unanimidade pola FEGAMP. Respectando a autonomía local dos Concellos, a Deputación fixará un mínimo que os municipios deberán destinar a crear emprego, ofrecer servizos sociais e mellorar as infraestruturas; pero, sobre a parte restante, serán os municipios os que teñan a última decisión.

O Plan orzamentario propón destinar os presupostos en tres liñas principais: fomento do emprego, políticas sociais e mellora das infraestruturas, polo que destinarán 6 Millóns de euros ás políticas laborais ademáis de continuar cos tres programas provinciais LugoWork, DepuEmprego e Ben Empregado 3. Asemade e nesta mesma liña, a Deputación asumirá con 600.000 euros a contratación dos GES, facendo que a de Lugo sexa a única Deputación en Galicia que asume os custos que lle corresponden neste senso aos Concellos e incrementarán 330.000 euros na partida correspondente para os custos laborais dos bombeiros co obxectivo de equiparar o seu soldo ao dos Bombeiros de Ourense.

No tocante ao segundo piar fundamental, a Deputación Provincial incrementará grazas a aprobación destes presupostos o fondo da área de Benestar con 6,3 millóns de euros; 1,5 millóns de euros para o SAF a custe cero para os Concellos e 350.000 euros para a Teleasistencia gratuíta e con máis prazas. A Deputación destinará ademáis 370.000 euros para o funcionamento das residencias e centros de días da Deputación nos Concellos.

No terceiro eido, o ente provincial achegará 18,4 millóns de euros para a mellora de infraestruturas, especialmente nas zonas rurais, con partidas como a do POS de 5,7 millóns de euros. Ademáis de destinar 8,3 millóns de euros para a mellora de estradas provinciais e municipais; ou de 2 millóns de euros para a dotación de servizos públicos nos municipios.

Os dous partidos da oposición, PP e BNG, abstivéronse á hora de aprobar estes presupostos. A voceira dos populares, Elena Candia, quixo resaltar que o seu partido “pretendía facilitar a aprobación dos orzamentos”, pero lembrou que o PP levaba “varios anos” intentando que se fixera este reparto aos concellos similar ao que a Deputación propón co Plan ÚnicoCandia lamentou que estes orzamentos non se aprobaran xa en decembro, cando había posibilidades; pero alegrouse de que todos os partidos foran capaces de chegar a un acordo.

Polo seu lado, o voceiro do BNG, Xosé Ferreiro Fernández, destacou positivamente que nestes orzamentos se tiveran en conta cuestións vitais para o bloque, pero lembrou que, segundo o seu partido, as deputacións non teñen sentido, polo que cre que deberían dedicar só a axudar aos concellos que o necesiten negando así o apoio aos presupostos do ano que ven “se seguen na mesma liña”.

Do mesmo xeito, Ferreiro destacou un eixo importante que teñen estes orzamentos, “o de eliminar a discrecionalidade” e que cada Concello sepa desde o primeiro día con qué cantidade conta “sen depender de ningún organismo ou partido”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com