A Deputación aproba un patrocinio de 600.000 euros para o Breogán

A Deputación de Lugo aprobará este venres na Xunta de Goberno os pregos dun contrato de patrocinio co Breogán por valor de 600.000 euros, que implica a promoción de todos os recursos da provincia, así como actuación socias co obxectivo de que esta iniciativa beneficie a todos os lucenses. “É un contrato do Breogán con todos os lucenses, pois compromete ao club celeste co conxunto da provincia”, apuntou o presidente da Deputación, Darío Campos.

A de Lugo é a primeira Deputación en Galicia que aplica esta formula cunha sociedade anónima deportiva, que teñen en marcha outros organismos provinciais de España, como os de Álava, Cádiz, Valencia ou Castellón, entre outros. Gobernos de comunidades autónomas como País Vasco, Valencia, Andalucía ou Madrid, tamén teñen contratos de patrocinio con equipos deportivos. Non así a Xunta de Galicia, que, por exemplo, optou por un convenio de patrocinio por valor de 25.000 euros co Breogán, o equipo máis importante da LEB de Ouro, que non implica as importantes contraprestacións para a cidadanía, que si supón o contrato de patrocinio da Deputación de Lugo.

As contraprestacións para a provincia pódense resumir “en dous grandes piares. 1º).- promoción da marca da provincia de Lugo e de todas as súas riquezas, dende os nosos recursos turísticos, culturais, naturais ou patrimoniais, aos nosos produtos autóctonos; por toda España e de xeito internacional; e 2º).- impulso na provincia da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto”, destacou o presidente.

Algunhas das actuacións que se levarán a cabo para o desenvolvemento destes dous “grandes piares” son as seguintes: todo o material técnico, o equipamento ou mesmo o autobús no que viaxa o equipo celeste difundirán os recursos da provincia, pois estará rotulado con imaxes de emblemáticos espazos e recursos patrimonios, culturais, naturais…de Lugo; nos pavillóns nos que xogue o equipo celeste escoitaranse e visualizaranse as potencialidades da provincia a través de audios e vídeos promocionais; no streaming dos partidos do Breogán emitiranse spots promocionais da provincia; na web do club e nas súas redes sociais (Twitter, Instagram ou Facebook) tamén serán canles de promoción dos recursos de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com