A Deputación asina convenios para implantar a administración electrónica en 66 concellos

O Executivo da Deputación aprobou este venres na Xunta de Goberno os 66 convenios cos 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes do Plan das TIC´s. É a programación de cooperación cos municipios e obxectiva a través da cal o organismo provincial concede ás entidades locais fondos para que cumpran coas leis do Procedemento Administrativo Común e de do Réxime Xurídico do Sector Público.

Estas normativas obrigan aos Concellos a contar con sedes electrónicas, rexistro telemático, sinatura dixital, así como ter dixitalizada toda a documentación ou garantir a interoperabilidade entre administracións. É dicir, que entre as mesmas custodien e compartir a información dos cidadáns para non terse que presentar reiteradamente. Ademais, os cidadáns poderán saber en que punto se atopa o seu trámite cun só clic, sen necesidade de desprazarse á administración.

Tras os avances que supuxo o plan Innova-TE nos 47 municipios que decidiron sumarse a este programa tecnolóxico da Deputación, o Goberno Provincial só ten que achegar 300.000 euros aos Concellos para que cumpran con estas leis. O Executivo decidiu distribuír estes fondos con criterios totalmente obxectivos (densidade de poboación, superficie, esforzo fiscal e núcleos poboacionais), facendo que os municipios reciban entre 3.300 euros e 9.000 euros.

Así o informou o vicevoceiro e Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, que mostrou o funcionamento dunha das sedes electrónicas posta en marcha a través do Innova-TE para exemplificar o que poderán facer os veciños dos 66 Concellos que se sumaron ao Plan das TIC´s antes de finais de ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com