A Deputación asume 500.000 euros que a Xunta adebedaba á residencia de Ribadeo

O Executivo da Deputación aprobou este venres na Xunta de Goberno asumir os 500.000 euros que adebeda a Xunta á residencia de Ribadeo, tal e como o solicitaron os veciños. Así llelo trasladou hoxe o presidente, Darío Campos Conde, nun encontro na localidade ribadense, a representantes da Plataforma de Veciños en defensa da Residencia de Ribadeo; ao alcalde, Fernando Suárez Barcia, e a membros de todos os grupos do corporación municipal, agás o PP que declinou esta invitación.

Campos Conde lembrou que “hai uns meses, a Plataforma en defensa da Residencia de Ribadeo me trasladou a súa preocupación polo remate da residencia ante a falta dos 500.000 euros da Xunta. Comprometinme con eles a buscar unha solución se a administración autonómica non cumpría. Hoxe aprobamos conceder ese medio millón de euros, pois dende a Deputación cremos que este centro de maiores é unha infraestrutura social necesaria e moi demandada pola poboación de Ribadeo”.

Suárez Barcia destacou que “grazas Darío pola túa presenza e por substituír, unha vez mais, a quen debía estar aquí. Oxalá hoxe, ademais do Concello e da Deputación, estivera a Xunta. Pero, outra vez mais, volvémola a notar en falta por non cumprir a súa palabra, por non crer, dende o principio, na residencia de maiores de Ribadeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com