A Deputación asume con 900.000 euros os custos municipais dos GES

O vicevoceiro da Deputación, Pablo Rivera Capón, informou este venres que a Xunta de Goberno aprobou os convenios de colaboración cos 7 Concellos lucenses que contan con Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES). Trátase dun orzamento total de 900.000 euros, cos que o organismo provincial asume os custos municipais dos GES durante os ano 2016, 2017 e 2018.

Rivera Capón destacou que “esta iniciativa é unha aposta persoal do Presidente, sobre a que deu conta tras a reunión que mantivo cos Alcaldes destes municipios para informalos sobre esta decisión. Deste xeito, a de Lugo convértese na 1ª Deputación galega que asume os custos municipais dos GES”.  O vicevoceiro subliñou que “co acordo de hoxe, na nosa provincia os GES pasan a estar financiados nun 40% pola Deputación de Lugo, aliviando aos Concellos destes custos”.

Desta cantidade, os Concellos de Becerreá, Cervo, Guitiriz, A Pontenova e Monterroso reciben cada un total de 150.000 euros, que se dividen en anualidades de 50.000 euros para 2016, 2017 e 2018. Pola súa parte, os Concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, que comparten un mesmo Grupo de Emerxencia Supramunicipal, reciben cada un 75.000 euros, que se dividen en anualidades de 25.000 euros (2016-2018).

Máis emprego

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a contratación de 2 desempregados lucenses, que comezarán a traballar noutras tantas empresas e entidades da provincia, a través do Ben Empregado.  Tamén se prorrogou a contratación dun técnico de orientación laboral que presta servizo nesta administración.

En canto a colaboración con Concellos, a Xunta de Goberno aprobou convenios de colaboración con varios concellos lucenses para mellorar os servizos que ofrecen os municipios.

Tamén se aprobou o investimento de 55.000 euros en actuacións de promoción da provincia de Lugo durante o paso da Volta Ciclista a España 2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com