A Deputación asumirá os custos municipais dos GES

A Deputación de Lugo asumirá os custos municipais dos GES, converténdose no primeiro organismo provincial de Galicia que o fai.  Os Grupos de Emerxencia Municipal están financiados nun 60% pola Xunta, nun 20% polas catro Deputacións galegas e noutro 20% polos Concellos.

Deste xeito, o ente provincial financiará o 40%  deste servizo, para o que o organismo provincial achegará un total de 700.000 euros ao ano. Na provincia de Lugo, os GES sitúanse en Cervo, A Pontenova, Becerreá, Monterroso, Guitiriz, A Fonsagrada, Folgoso do Courel-Quiroga.

“Esta é unha aposta persoal, pois, como alcalde que son, coñezo de primera man as dificultades que sofren os Concellos para pagar os GES. Ademais, paréceme unha decisión coherente, cando Xunta e Deputación tamén asumen os custos polos parques de bombeiros, sendo esta unha prestación semellantes. Nos vindeiros días, asinaremos cos Concellos os convenios de colaboración correspondentes”, adiantou o presidente tras reunirse cos alcaldes dos concellos onde existe este servizo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com