A Deputación atende a máis dun milleiro de maiores da provincia coa Teleasistencia

O Goberno da Deputación atende a máis dun milleiro de maiores co Servizo de Teleasistencia, completamente renovado. Son, concretamente, 1.061 persoas as que hoxe en día están a empregar este servizo que o Goberno da Deputación ofrece a custo cero a todos os maiores dos municipios lucenses, dependentes ou non, pero con dificultades en canto a súa autonomía. 

O ente provincial asegura que o fai porque a Xunta, ademais de obrigar ao copago da prestación que ofrece, deixa fóra a centos de maiores con limitacións porque non están recoñecidos como dependentes.

En canto á gratuidade da Teleasistencia da Deputación, cómpre subliñar que o Goberno Provincial fixa que sexan os propios traballadores sociais os que valoren a situación de cada un dos demandantes desta prestación para que conten coa mesma ás persoas que realmente a necesitan. Ditos profesionais fano en visitas aos domicilios dos posibles beneficiarios para coñecer in situ a súa situación e sempre se príman criterios sociais na concesión.

Na actualidade, o Goberno da Deputación dispón doutras 494 prazas de Teleasistencia para maiores lucenses. Os interesados poden solicitar as mesmas, chamando ao 982-26 01 38.

O Executivo Provincial financia na súa totalidade con 300.000 euros exactamente 1.555 prazas das cales 1061 están sendo empregadas por maiores de toda a provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com