A Deputación celebra o décimo aniversario do Pazo de Tor como museo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, xunto a outras autoridades, participaron este mércores, acompañados de ducias de veciños, nos actos programados en conmemoración do X Aniversario do Pazo de Tor como museo provincial.

Campos e fixo mención a Dona María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga; a última propietaria do Pazo de Tor, que doou estas instalacións á Deputación de Lugo. “A xenerosidade de Dona María fixo posible que o Pazo de Tor sexa hoxe un referente na divulgación cultural na nosa provincia”.

“A visita ao Pazo de Tor, non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura galega, senón tamén as salas e dependencias destas instalacións. Nelas, atopamos o mobiliario orixinal e as coleccións artísticas, que a familia de Dona María foi atesourando ao longo dos séculos, convertendo ao Pazo de Tor en testemuña do que foi a Galicia da Idade Moderna”, subliñou o presidente do ente provincial.

Darío Campos quixo comezar a súa intervención lembrando ao escritor falecido onte, Agustín Fernández Paz, “pois creo que é de xustiza por en valora a figura do ilustre escritor vilalbés que, tal e como el mesmo ten confesado, xa dende cativo sentía fascinación polas instalacións da Rede Museística Provincial”, salientou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com