O Deputado de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa Lara Ménde, xunto con outras autoridades, asistiron este domingo na piscina municipal de FRIGSA á presentación do Clube de natación Portamiñá de Lugo, da que forman parte máis de 200 nadadores de todas as categorías que compiten en convocatorias galegas e estatais. O Goberno da Deputación colabora con este Clube cunha achega económica de 10.000 euros.
O Goberno da Deputación colabora coa promoción da Escola Deportiva do Sagrado Corazón de Lugo
Asemade, tamén participaron noutro acto este domingo na presentación da Escola Escola Deportiva do Colexio Sagrado Corazón da capital lucense, coa que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros.