A Deputación colabora na formación de monitores en SUP, nova modalidade de piragüismo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este sábado no Curso teórico e práctico de iniciación ao SUP, organizado pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Cidade de Lugo, coa colaboración do Goberno da Deputación. O SUP é unha nova modalidade de deporte acuático que está comezando a desenvolverse desde o punto de vista competitivo.

En lugar de impulsar unha embarcación tradicional, no SUP, acrónimo de Stand Up Paddle, os padexeiros impulsan coa pá unha táboa que se pode identificar coas dos surfeiros pero que ten unhas dimensións moito maiores. A sesión teórica do curso tivo lugar no salón de actos do Pazo de San Marcos coa conferencia de Coque Araújo, un referente en Galicia do stand up paddle, formador de Xuíces e Directores de competición de SUP e de paddle surf, e deseñador de material específico para marcas internacionais líderes no sector dos deportes acuáticos.

O curso que se impartiu esta mañá incidiu nas cuestións teóricas que caracterizan a esta modalidade na que o padexeiro debe remar de pé en todo momento. Só en situacións excepcionais pode impulsar a táboa cos xeonllos apoiados nela e en ningún caso por máis de cinco padexadas consecutivas. Esta “regra das cinco padexadas”, e máis as indicacións en relación coas características básicas da táboa, que non debe sobrepasar os 381 centímetros de longo, son algunhas das normas que establece o Regulamento da Liga Galega de de Mar, en que se encadran as regatas e competicións de SUP que se celebran en Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com