A Deputación concede axudas de 500.000 euros a entidades e clubs deportivos

O Executivo da Deputación resolveu este venres na Xunta de Goberno as subvencións de concorrencia competitiva de deportes. O voceiro, Álvaro Santos Ramos, informou que os beneficiados son 542 clubs e entidades deportivas de 54 Concellos da provincia, que reciben un total de 500.000 euros. A resolución destas axudas publicarase no BOP nos vindeiros días. Os beneficiados recibirán un anticipo do 80% da subvención.

A distribución dos beneficiados e do orzamento por liñas de actuacións é o seguinte: Uns 230 entidades e clubs deportivos reciben un 275.000 euros para sufragar gastos pola súa actividade competitiva. Por exemplo, de arbitraxe, transporte, federativos (pola consecución de licenzas, seguros…) ou canons derivados da participación nunha competición deportiva oficial. Por outra banda, unhas 127 entidades e clubs deportivos reciben 100.000 euros para sufragar a organización de eventos puntuais. Xa por último 185 entidades e clubs deportivos reciben 125.000 euros para sufragar actividades deportivas permanentes.

Ademais, o Executivo aprobou na Xunta de Goberno unha axuda de 30.000 euros para colaborar coas actividades que realizar a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo “Lucus Augusti”; e outra de 18.000 euros para a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industrias da Milagrosa. Ambas as dúas subvencións, contemplan un anticipo do 80%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com