Deputación e Concello colaboran co ExpoLugo para exaltar o rural da provincia

Arranca hoxe o San Froilán, “a feira das feiras en Galicia”, e que conta, todos os anos cunha gran afluencia de xente chegada de todas partes. Unhas patronais as de Lugo, que comezaron con pouco máis que unha feira de gando e unhas casetas nas  que degustar o polbo, hoxe en día contan con máis de 200 actividades de todo tipo e para todos os gustos. Por suposto, continúa o polbo, que se reforzou, xa hai anos, sendo o sinal de identidade do mes de outubro na cidade.

Pero se hai algo que tampouco podía faltar para que o San Froilán seguise a ser esa gran feira é o gando. Para iso, esta fin de semana os máis tradicionais poderán gozar de dous días de feira agrogandeira, a ExpoLugo Rural, que contará con máis de 120 cabezas de gando participando no concurso de rubia galega, que este ano conta con récord de participación.

As actividades concentraránse no Pazo de Feiras e Congresos, á beira do Miño, e no que este ano, ademáis de gando, poderanse degustar produtos elaborados en máis de 20 stands abertos desde as 13.00 horas ata ás 20.45 horas. Así o avanzou esta mañá Rubén López, xerente do pazo de feiras, quen presentou as máis de 45 actividades que acollerá este ano ExpoLugo Rural nos dous días que dura, e entre as que destacou tamén o I Concurso de Porco Celta da provincia, que contará con 38 gandeiros. 

Na presentación estiveron tamén presentes o voceiro do concello, Miguel Fernández, e o voceiro da Deputación, Álvaro Santos. Ambos resaltaron o compromiso de cadansúa administración co rural galego, pois, como dixo Santos Ramos: “Lugo é o rural”. O ente provincial achega a esta feira un total de 12.000 euros e unha mostra de artesanía do CentrAD.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com