Deputación e Concello colaboran na integración de 250 familias de etnia xitana

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social no Concello de Lugo, Ana González Abelleira, mantiveron este mediodía un encontro con usuarios da APIG (Asociación de Promoción e Integración Xitana), xunto ás traballadoras deste colectivo, Tamara Caloto e Ana López. Fixérono para coñecer de primeira man os resultados das varias colaboracións que manteñen Deputación e Concello de Lugo coa APIG para mellorar a integración e a calidade de vida de 250 familias lucense de etnia xitana, que na súa maioría residen na capital da provincia.

Estas colaboracións coa Asociación de Promoción e Integración Xitana, que ascenden aos 20.000 euros ao ano por parte de ambas as dúas institucións, permitiron durante 2017 que este colectivo mantivese nun local social, cuxos custos correntes sufraga na súa totalidade o Concello de Lugo, unha intensa actividade de axuda, orientación ou formación para centos de familias. Un dos programas máis significativos, que financia o Goberno da Deputación, é o Programa de Rehabilitación de Vivendas, que permitiu este ano a rehabilitación de 7 vivendas por parte dos seus propios propietarios tras recibir formación profesional para facelo. Destes traballos, beneficiáronse os 50 veciños que residen nestes pisos.

Deste xeito, para desenvolver este programa, o Goberno da Deputación financiou a contratación dun monitor de albanelería, que formou, dirixiu e coordinou a familias de etnia xitana para que puidesen realizar os traballos de reforma das súas vivendas.  En total, rehabilitáronse 7 pisos nos que viven preto de 50 persoas,  mellorando as condicións de habitabilidade de todas estas familias lucenses.

López Izquierdo destacou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos coa Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo a través do programa de rehabilitación de vivendas, pois defendemos con firmeza o dereito de todas as persoas a unha vivenda digna; condición esencial para a integración de calquera colectivo na nosa sociedade. Ademais, cremos que este proxecto, as familias aprenden un oficio, como é o da albanelería, da man de profesionais, que agardamos contribúan a ter máis posibilidades de inserción laboral”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com