A Deputación condena o Golpe de Estado de 1936 no seu 80 aniversario

A Xunta de voceiros da Deputación de Lugo aprobou esta mañá por unanimidade unha declaración institucional proposta pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en condena do Golpe de Estado de 1936 con motivo do seu 80 aniversario hoxe mesmo, así como en recoñecemento de todas as vítimas da represión franquista. O Goberno do ente provincial tamén decidiu situar no balcón do Pazo de San Marco unha pancarta co lema “Xamais un 18 de xullo”.

O presidente da institución, Darío Campos remarcou que “non se pode esquecer o que pasou para que nun futuro non volvan a suceder o mesmo. Esta ditadura matou a miles de persoas. Centos e centos seguen en fosas comúns. Moitos cidadáns foron condenados a vivir no ostracismo, a fuxir de España e morrer lonxe das súas familias. Perseguiuse a quen pensaba forma diferente, sen respectar, nin tan sequera, o pensamento libre de cada persoa ou a súa natural condición sexual”.

Campos fixo fincapé na represión que sufriron miles de persoas, en especial as mulleres, “que foron tratadas como cidadáns de terceira. Nin sequera tiñan dereito a voto”. Por todo, insistiu “non debemos de esquecer eses actos, hai que rexeitar e condenar este tipo de actuacións, que o único que perseguen é limitar as liberdades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com