A Deputación consegue unha inserción laboral do 40% co Ben Empregado 1

O Goberno da Deputación conseguiu unha inserción laboral do 40% a través do Ben Empregado 1. Trátase da programación de emprego coa que o Executivo Provincial decidiu financiar todos os custos laborais pola contratación de desempregados lucenses en empresas e asociacións da provincia durante 1 ano.

Con este plan, o Goberno da institución crea emprego, mellora a competitividade do tecido empresarial lucense e contribúe á actividade social dos colectivos sociais sen ánimo de lucro.

Cómpre subliñar, que este programa, que xurdiu de reunións participativas cos veciños, converteu á Deputación de Lugo na primeira administración de Galicia que uniu ao tecido empresarial co asociativo. O Goberno Provincial escoitou en ditos encontros as súas necesidades laborais, definindo en base ás mesmas os perfís profesionais, que financiou con preto de 4,5 millóns de euros, e ofreceu a desempregados lucenses. Unión, polo tanto, a oferta de emprego coa demanda.

Ademais, co Ben Empregado I, o Executivo Provincial continuou coa súa defensa dos dereitos dos traballadores, pois en todos os contratos laborais incluíronse cláusulas sociais para blindar os seus dereitos, impedindo baixadas salariais ou incumprimentos dos convenios de cada sector profesional.

Datos

Co Ben Empregado 1, o Executivo Provincial creou un total de 238 novos empregos, todos eles dirixidos a lucenses no paro, en 212 entidades da provincia. Financiou o 100% dos custos laborais durante un ano con case 4,5 millóns de euros de fondos propios da Deputación.

Destes 238 postos de traballo, finalizaron o período dun ano subvencionado pola Deputación 227, pois quedan 11 traballadores cuxos gastos laborais segue a subvencionar o organismo provincial.

Dos 227 contratos finalizados que subvencionou a institución, un total de 86 continúan nos seus postos de traballo, con novos contratos, que xa asume na súa totalidade as outras tantas empresas e colectivos sociais da provincia. Isto supón que, polo momento,  a inserción laboral real do Ben Empregado 1 sexa do 40%. Dos cales o 60% son homes e o 40% mulleres.

O 35% destes 86 lucenses con traballo grazas ao Ben Empregado 1 teñen unha idade de entre 27 e 36 anos; o 31% de entre 37 a 46; o case o 20% de entre 47 e 56; preto do 12% entre os 18 e 26 anos; e un pouco máis do 2% son maiores de 57 anos.

Ben Empregado 2

Case 4.000 lucenses no paro optaron aos postos de traballo que ofreceu o Goberno da Deputación co Ben Empregado 1. Ante a demanda desta programación de emprego, o Executivo Provincial decidiu poñer en marcha unha nova edición con outros 5 millóns de euros de fondos provinciais.

Con este orzamento, o Goberno da institución luguesa financia a día de hoxe os custos laborais doutros 308 postos de emprego, que ocupan lucenses que estaban no paro e que hoxe traballan en 286 empresas e colectivos sociais da provincia de Lugo.

Estas 286 entidades da provincia son de 61 Concellos, nos que o Executivo Provincial creou 308 postos de traballo. Son 135 empresas e colectivos sociais con novos traballadores da zona Centro da provincia; 43 do Sur; 37 da Mariña; 36 da Comarca de Sarria; 23 da Montaña e 12 da Ulloa.

Ben Empregado 3: mellorado e máis social

Mentres seguen a traballar os 308 beneficiados do Ben Empregado 2, así como 11 do Ben Empregado 1, o Goberno Provincial decidiu poñer en marcha unha terceira edición desta programación con 3 millóns de euros. O Executivo mellorou e fixo máis social o Ben Emprego 3. Contempla 2 liñas de actuación:

unha dirixida a empresas lucenses, ás que a Deputación ofrece subvencionar o 50% da contratación de desempregados lucenses e o 100% no caso de que os parados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, cidadáns con problemas sensoriais, físicos ou psíquicos; mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou veciños de etnia xitana…

Nas pasadas edicións do Ben Empregado, subvencionábase, en todos os casos, o 100% da contratación dos desempregados. Nesta terceira convocatoria, o Goberno da Deputación busca unha maior implicación das empresas. Máis responsabilidade compartida coa institución para, conxuntamente, fomentar a empregabilidade e a inserción laboral de persoas que teñen máis dificultades para atopar traballo; ao tempo que se impulsan os seus

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com