A Deputación convoca un concurso de receitas con produtos de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo pon en marcha proxecto Receitas da Biosfera, unha iniciativa que ten como obxectivo promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos. Inclúe a celebración de dous concursos de receitas de tapas e menús, elaboradas con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses. Están dirixidos a non profesionais, que sexan residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais. Hai premios de entre 50 e ata 500 euros. Os dous mellores pratos formarán parte dunha publicación nacional. Os interesados poden presentar as súas receitas dende hoxe e ata o 18 de novembro.

Os concursos, un de Terras do Miño e outro dos Ancares Lucenses, contan con dúas categorías: tapa e menú. Neste último caso, deberanse achegarse 3 receitas: unha para o primeiro prato, outra para o segundo prato e a última para a sobremesa. Os interesados poderán presentarse a ambas as dúas categorías. Na puntuación, valorarase positivamente que as receitas estean vencelladas co patrimonio cultural e natural dos Concellos da Reservas. Por exemplo, a festas populares, labores do campo, eventos culturais…

Os premios na categoría de “menú” serán de 500 euros para o primeiro; de 300 euros para o segundo; e de 150 euros para o terceira. Na de “tapa” de 200 euros para o primeiro, de 100 euros para o segundo e de 50 euros para o terceiro. As dúas mellores receitas formarán parte do libro “Receitas da Biosfera”, que publica o Organismo Autónomo Parques Nacionais, destacando pratos con produtos de todos estes espazos naturais recoñecidos pola UNESCO que existen en España. Ademais, o conxunto de galardoados recibirán un diploma para acreditar a súa receita.

O prazo para presentar as receitas abre hoxe e remata o 18 de novembro. As receitas deberán entregarse no Rexistro Provincial ou en calquera dos rexistros e oficinas ás que fai referencia o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. No caso de presentar a candidatura nun rexistro diferente ao da Deputación, deberá remitir un correo, indicando este feito, aos seguintes e-mails, segundo ao concurso que se presente: ancareslucenses@deputacionlugo.org ou terrasdomino@deputacionlugo.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com