A Deputación destina 100.000 euros a Baleira para a posta en marcha dos GES

O Goberno da Deputación aprobou destinar 100.000 euros a Baleira para os GES. Este é o municipio lucense que acollerá un novo Grupo de Emerxencia Supramunicipal na provincia de Lugo. Con este presuposto, o Executivo Provincial asume todos os custos municipais pola prestación deste servizo, ademais da parte que lle correspondente ao organismo provincial.

Así o fai tamén, a proposta do Presidente, Darío Campos Conde, nos restantes Concellos lucenses con GES, que son os de Becerreá, Cervo, Guitiriz, Monterroso, A Pontenova, Quiroga e Folgoso do Courel, aforrando un total de 350.000 euros a estes Concellos e sendo, polo de agora, a 1ª Deputación en Galicia que asume os custos municipais dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal.

Aos 350.000 euros para ditos 8 Concellos, o organismo provincial achega outros 350.000 euros ao funcionamento dos GES, que é a cantidade que lle corresponde en base ao convenio coa FEGAMP e a Xunta de Galicia. Isto supón, que o financiamento do Goberno da Deputación para os Grupos de Emerxencia Supramunicipal na provincia acade os 700.000 euros ao ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com