A Deputación destina 250.000 euros en dotacións para o concello de Ribas de Sil

A Deputación de Lugo investirá case 250.000 no concello de Ribas de Sil que irán destinados a mellorar as dotacións públicas en zonas rurais, reforzar as prestacións municipais aos veciños, xerar emprego e impulsar os servizos sociais nesta zona.

Este investimento, que é o primeiro do Orzamento de 2016 da Deputación que recibe o milleiro de veciños de Ribas de Sil, recolle preto de 120.000 euros para mellorar aspectos como a pavimentación e os accesos á praza da Figueirido, acondicionarase a estrada local que vai de figueirido a Peites e mellorarase a sinalzación das rúas de San Clodio.

A outra parte do investimento ata completar os 250.000 euros inclúe diferentes partidas recollidas no Plan de Obras e Servizos, no Servizo de Axuda no Fogar e outras liñas de axudas postas en marcha polo ente provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com