A Deputación destina a ARCHA 15.600 euros para rehabilitación e prevención do alcolismo

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, mantivo onte un encontro cos usuarios de ARCHA (Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada). Fíxoo xunto ao Presidente, á Vicepresidente a á psicóloga deste colectivo, Benjamín  Fernández, Carlos López e Mª Rosario Ingunza Rajo. Na reunión, abordaron os resultados  do programa de prevención e tratamento psicosocial de alcoholismo que desenvolve esta asociación co apoio do Goberno Provincial, pois destinou a ARCHA para este fin 15.600 euros, facendo que a Deputación de Lugo sexa a única administración na provincia que colabora economicamente con esta asociación.

Estes fondos permitiron ofrecer atención profesional a 50 lucenses, que sofren problemas co alcol, así como o funcionamento de campañas de información e sensibilización sobre o consumo desta substancia, dirixidas,  especialmente, aos máis novos. Esta colaboración tamén fai posible que actualmente 23 persoas con dependencia do alcol reciban terapias individuais ou en grupo todas as semanas por parte de profesionais. Son usuarios de toda a provincia, pois moitos son trasladados directamente dende o HULA, aínda que prevalecen os de Chantada, Carballedo, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla ou O Saviñao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com