A Deputación dinamiza a provincia apoiando as principais festas dos concellos

A Deputación Provincial continúa a traballar cos concellos para dinamizar a provincia. O orzamento deste ano, grazas ao Plan Único, permite aos concellos solicitantes aproveitar fondos provinciais para a celebración das súas festividades máis relevantes.

Así, grazas a 20.000 euros da Deputación, mañá comeza o 17º Ribeira Sacra, o primeiro festival internacional de música que a zona sur de Lugo e que terá lugar os días 28, 29 e 30 de xullo en espazos emblemáticos de Monforte de Lemos e Sober. Pola súa banda, o municipio monfortino achega outros 3.000 euros e facilita lugares gratuítos de acampada. Tamén cede os espazos da celebración das actividades, ao igual que o Concello de Sober.

Doutra banda, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, presentaron este xoves as Feiras de Artesanía de Samos e da Ponte de Lóuzara, que terán lugar a fin de semana do 12 e 13 de agosto e o xoves 17 de agosto, respectivamente. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador destas citas cunha achega de 6.000 euros, potenciando os recursos do Concello, poñendo en valor oficios e actividades tradicionais como a artesanía ou a malla.

Outro exemplo da aposta do ente provincial pola dinamización da provincia é a celebración do Festiulloa,  o festival de música de cámara da Ulloa, que se celebrará do 4 ao 6 de agosto nos Concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso. O Goberno da Deputación inviste neste festival 3.000 euros. Este certame musical, organizado pola Asociación cultural e medioambiental Quercus Sonora, e que cumpre 10 anos; contará con grupos punteiros, chegados de distintos puntos do mundo, como Reino Unido, Holanda ou Cuba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com