A Deputación dota ao Consistorio de Rábade dunha caldeira de biomasa

A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación dos traballos de dotación e instalación dunha caldeira de biomasa no Consistorio de Rábade por valor de 30.000 euros, financiados nun 80% pola Unión Europea, posto que esta actuación se inclúe no Lug02, o programa medioambiental da Deputación.

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que con este sistema conséguese reducir nun 40% os custos de calefacción deste Concello, ademais de evitar a emisión anual de 11,5 toneladas de CO2 á atmósfera.

Martínez subliñou que a este aforro en calefacción engádese a reducción de custos pola luz entre un 15% e un 35%, que conleva outro aforro en gastos correntes de case 5.000 euros, isto conseguiuse a traveso do Plan Enerxético da Deputación.

Tamén se aprobou en dita xunta de goberno a adxudicación das actuacións de dotación dun parque ambiental no paseo marítimo viveirense, por valor de 102.814 euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea, posto que se inclúen no programa medioambiental Lug02. Estes dous proxectos complementan o plan de reordenación do tráfico,  que se porá en marcha a vindeira semana. Con estas tres actuacións, son preto de 800.000 euros o investimento da Deputación na transformación de Viveiro.

@depulugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com