A Deputación de Lugo e o Concello, convertéronse este sábado nas primeiras institución públicas de España en recibir a activista iraní Shadi Sadr.
No encontro, ao que asistiron representantes das dúas entidades e de varios membros de Amnistía Internacional, escoitouse de primeira man o testimonio de Shadi, xornalista e avogada iraní, exiliada en Londres logo de ser condenada a cárcere por participar nunha manifestación pacífica en prol dos dereitos das mulleres.
Durante a recepción, os membros representantes da Deputación de Lugo comprometéronse a presentar unha declaración institucional para apoiar a súa causa, así como para instar ao goberno central a mediar no conflicto, co fin de defender os dereitos das mulleres no país.