Deputación e concellos convenian para estipular taxas polo uso do solo público ás enerxéticas

A Deputación acadará novos ingresos para os concellos a través da aplicación de taxas ás empresas enerxéticas pola ocupación de espazos públicos municipais que redunda en beneficios económicos para as mesmas, pois contribúe ao desenvolvemento do seu traballo, pero sen que isto repercuta nos Concellos. O presidente do Executivo, Darío Campos, acompañado polo Vicepresidente e Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, asinou hoxe o convenio de colaboración cos primeiros 51 municipios que decidiron sumarse a esta iniciativa da Deputación, á que poden adherirse todos os Concellos que o desexen, para o inicio dos traballos correspondentes que materialicen este pioneiro proxecto na provincia.

Campos Conde explicou que, en primeiro lugar, contratarase un estudo que determinará o espazo público municipal que ocupan en cada un dos Concellos as empresas de luz e gas para o transporte da enerxía. Acadarase deste xeito un rexistro técnico, económico e xurídico, que permitirá fixar as respectivas taxas municipais ás enerxéticas. Todo isto se recollerá nunha ordenanza que aprobarán os Concellos para a súa aplicación, comezando así a recibir uns ingresos, que na actualidade non perciben, para poder destinalos á mellora das prestacións públicas aos veciños.

O Presidente destacou que “este é un novidoso proxecto na nosa provincia. Temos exemplos en municipios de España. En Arteixo están a traballar neste eido tras as sentenzas favorables do Tribunal Supremo sobre a regulación de taxas ás eléctricas mediante ordenanzas municipais. Esta iniciativa enmárcase na nosa aposta pola máxima colaboración cos Concellos da provincia para acadar novas fórmulas coas que mellorar os servizos públicos aos nosos veciños”.

A Deputación destina a este proxecto uns 130.000 euros. Os Concellos colaborarán cos axudas de entre 3.000 euros e un máximo de 6.000, en proporción á lonxitude das liñas eléctricas coas que conten. O custo do proxecto é de 256.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com