A Deputación de Lugo, en colaboración coa Escola de Organización Industrial –EOI-, organiza preto de 20 xornadas gratuítas e abertas ao público, dirixida ao tecido empresarial da provincia luguesa.
Trátase dunhas conferencias de asesoramento en implantación de novas tecnoloxías e xestión comercial cuxo obxectivo é mellorar a competitividade das micropemes e dos autónomos lugueses interesados.
As xornadas, que o organismo provincial levará por toda a provincia, arrancarán o vindeiro luns, 22 de xuño e estenderanse ata o vindeiro 18 de setembro. Monforte, Lugo, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Chantada e Viveiro acollerán estas charlas impartidas por consultores e profesionais do sector, tales como Tania Abalde, Ángel Colsa, Fátima Cachafeiro, Juan López, Rodrigo Gómez ou Silvia Berrio.
Os 300 autónomos e micropemes lucenses anotados no Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial participarán tamén nalgúnha destas charlas.
O vindeiro luns, 22 de xuño, arrancarán as xornadas con dúas sesións: unha no Salón de Actos do Centro Cívico do Malecón en Monfornte, de 15:00 a 17:00 horas, e outro no Salón de Actos da Deputación de Lugo, de 20:00 a 22:00 horas. Seguridade alimentaria e xestión ambiental na empresa e eficiencia enerxética serán os temas sobre o que versen as charlas desta primeira xornada.
Máis información na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal.