A Deputación e o CB Breogán chaman aos lucenses a doar sangue

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, anima aos lucenses a participar na campaña de doazón de sangue que o organismo provincial pon en marcha esta semana, en colaboración co Club Baloncesto Breogán.

Para incentivar ás doazóns, o mércores e o xoves desta semana, todas as persoas que se acheguen a doar recibirán unha entrada de adulto e outra infantil para acudir, de xeito gratuito, ao encontro que terá lugar este sábado día 25 de febreiro, no que o clube celeste se enfrentará ás oito da tarde ao CB Prat. Asemade, entre todos os doantes da provincia sortearase a finais de semana unhas camisetas de “Doa Sangue” firmadas polos xogadores do CB Breogán.

As persoas que desexen participar poderán acudir ata a unidade móbil que situará o mércores na Praza de Bretaña dende as 09:30 da mañá ata as 2:30 da tarde e na Praza Maior dende as 3:30 ata as 9 da tarde; asemade, o xoves estarán, no Edificio Administrativo da Xunta, na ronda da Muralla, de 09:30 da mañá a 2:30 da tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com