A Deputación de Lugo, comezará os traballos, de maneira simultánea nas 24 zonas nas que se divide a roza dos 4.200 quilómetros de vías de titularidade da institución. Tal e como xa avanzou José Tomé durante o Pleno ordinario celebrado o pasado martes, “será a primeira vez en moitos anos que os desbroces das estradas provinciais comezan o día 1 de xuño co fin de que no mes de xullo estean totalmente rematados os traballos nos 4.200 quilómetros de vías provinciais”. As rozas mellorarán a seguridade viaria e a calidade e comodidade dos condutores,
Rozas da Xunta
Pola súa banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Estes actuacións, que xa comezaron a semana pasada, desenvolveranse a partir do luns na provincia, na LU-862, no Vicedo; Ao longo da semana pasada, estas obras leváronse a cabo xa nas marxes de vías das contornas da Mariña luguesa e do Baixo Miño.
Os traballos continuarán nas próximas semanas noutras estradas da comunidade autónoma ata ter finalizados en xullo todos os labores programados.
Xuñ 01, 2020 - 11:28 AM
No municipio de Lugo, fora de muralla ainda non empezaron. Será como as mascarillas que iban a repartir…..
Xuñ 01, 2020 - 11:44 AM
Marola Canto Arena as máscaras si se repartiron, para os nenos maiores de 3 anos era, fai días que as teño na casa, e non vivo dentro da muralla, paremos de extender bulos falsos. Xa cansa
Xuñ 01, 2020 - 11:45 AM
E por certo, tamén fai días que están a rozar por fora da muralla, tanto politiqueo xa aburre