A Deputación emite un informe resolvendo as dúbidas dos Concellos ante o Plan Único

A Xunta de Goberno Provincial aprobou esta mañá a instrucción interpretativa de resolución das dúbidas relacionadas co Plan Único de cooperación cos Concellos, así o expresou esta mañá o Deputado de Deportes e vicevoceiro da corporación, Pablo Rivera Capón, quen lembrou que o 2 de maio remata o prazo para que os Concellos que o desexen podan presentarse á convocatoria deste plan económico.

Tras reunirse cos representantes dos diferentes concellos e xuntar todas as dúbidas que este Plan, que pro primeira vez se leva a cabo na provincia, a Deputación reuniu un listado con 21 cuestións que foron resoltas aos concellos e que agora, publicarán nun informe no que tamén se inclúen as respostas de técnicos provinciais que afondan en problemas de índole máis técnico. Este documento se lle remitirá aos concellos e, ao mesmo tempo, se publicará na páxina web da Deputación.

Rivera Capón, ademáis, quixo responder ás dúbidas que presentaron representantes da oposición cuestionando a dotación do PlanÚnico, e se todos os concellos teñen garantidos os cartos que se lle prometen. O vicevoceiro asegurou que a aportación está “totalmente garantida”, e que a porcentaxe que cada concello está obrigado a aportar para as distintas accións sumarase a cantidade que o ente provincial lles entrega.

Por outra parte, o Deputado de deportes asegurou que para o vindeiro Pleno o Goberno do psoe presentará dúas mocións. Na primeira, o partido socialista propón que se inste á Xunta a fixar un fondo de participación dos Concellos nos ingresos da administración económica.

“Cremos que é imprescindible e xusto que as administracións garantan que os fondos públicos, que son de todos os cidadáns, cheguen á totalidade de municipios para atender por igual aos veciños, goberne quen goberne nos Concellos; así como que se respecte a autonomía local, pois, dependendo de onde vivan, os veciños teñen necesidades específicas ás que atender. Por este motivo, con esta moción demandamos á Xunta de Galicia un fondo de participación dos Concellos nos ingresos da administración autonómica”, apuntou o deputado.

A segunda moción da deputación, será para instar ao Goberno Central a que permita aos concellos con superávit poder utilizar estes cartos.  O vicevoceiro apuntou que “na provincia de Lugo hai preto de 30 millóns de euros de superávit en case unha trintena de municipios, que teñen as súas contas saneadas, pero que non pode emprego porque o PP dende o Executivo estatal non llelo permite”.

“En definitiva, o Partido Popular, dende a Xunta de Galicia, marxina aos veciños de máis do 80% do territorio lugués, que se corresponde cos municipios nos que non goberna e aos que discrimina na distribución dos fondos autonómicos. A maiores, dende o Goberno Central, o PP nin tan sequera lles permite empregar os escasos recursos municipais froito do seu esforzo na xestión dos mesmos. O PP atacar claramente ao municipalismo e, polo tanto, a maior parte dos veciños da provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com