O Goberno da Deputación explica a autónomos e pemes lucenses as novidades na contratación da roza nas estradas lucenses. Técnicos provinciais mantiveron un encontro este mércores con máis de 15 representantes das pequenas e medianas empresas interesadas neste servizo, no que se lles explicou as obrigas e responsabilidades que establece para os empresarios o contrato do servizo de roza.
Por iniciativa do Presidente, Darío Campos Conde, expertos das áreas de contratación e vías e obras desgranaron polo miúdo as obrigas que aceptarán os autónomos e pemes unha vez adxudicado o servizo, co fin de facilitar que as pequenas empresas lucenses teñan a posibilidade de optar a este contrato.
Lembrar que a roza da Deputación abrangue máis de 4.300 quilómetros de vías tradúcense en 8.600 quilómetros de paseos, 8.600 quilómetros de taludes e 4.500 quilómetros de gálibo, nos que hai que eliminar a vexetación herbácea e arbústica. Isto supón un total de 21.200 quilómetros nos que se realizarán estas tarefas. É ademais mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico, a diferenza doutras administracións, para protexer e respectar o medio ambiente.