A Deputación fará un paseo peonil en Sargadelos

O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon agradeceu o compromiso do Presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, polo convenio que ven de asinar co Concello, para realizar un paseo peonil en Sargadelos. Mon explica que esta obra conta cun orzamento total de 158.743 euros, distribuídos en dúas anualidades. O Concello será o responsable de achegar os proxectos técnicos, encargar a dirección de obra, e coordinar a seguridade da mesma. Ademais tamén achegará os terreos precisos para a súa execución.

Francisco Mon remarca que a construción desta senda peonil é unha reivindicación da agrupación socialista que xa levaba no seu programa electoral. Tamén lembrou que a Deputación xa contribuíu cunha achega de 47.000 euros para instalar alumeado nesta mesma zona, a pesares de que o Concello nunca chegou a poñelo en funcionamento.

Por último os socialistas agradecen o compromiso da Deputación cos veciños de Cervo. “Sen a colaboración económica da Deputación non poderiamos sacar adiante proxectos imprescindibles como as axudas ao Servizo de Axuda ao Fogar, ou as axudas para asociacións co fin de realizar actividades na vila”, resumiu Mon.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com