O Executivo Provincial rematou este luns na Xunta de Goberno coa resolución do plan de impulso ao rural e ao sector primario, dotado de 2,2 millóns de euros. Con este orzamento, o Goberno da Deputación financiou 310 actuacións que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades dos 67 Concellos lugueses.
Estas 311 subvencións, que se concederan tras un proceso público de concorrencia competitiva, é dicir, que foron axudas ás que puideron concorrer colectivos veciñais de toda a provincia, están encamiñadas o impulso do sector agrogandeiro, a través da recuperación de terras abandonadas, do sector pesqueiro, do vitivinícola, ao hortícola, así como melloras en accesos do rural e redes de augas; centros socioculturais.
Foron outras 311 as subvencións concedidas a colectivos veciñais de toda a provincia, que participaron nun proceso público de concorrencia competitiva aberto a toda á cidadanía. A súa finalidade foi a seguinte:
Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. 65 axudas duns 230.000 euros foron para a recuperación de terras abandonadas, que serviron para pór en produción preto de 520 hectáreas que estaban baldías. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.
Impulso ao sector pesqueiro contribuíndo á pesca de baixura. 31 axudas de case 90.000 euros foron para melloras en embarcacións de pesca de baixura e dotación de novo equipamento.
Impulso ao sector vitivinícola coa mellora de viñedos. 17 axudas de 88.800 euros foron para o acondicionamento de viñedos.
Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 28 axudas de 126.600 euros foron para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.
Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 65 axudas de 724.400 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.
Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 44 axudas de 603.000 euros foron para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.
Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 61 axudas de 323.450 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.
Outras 500 solicitudes
Os técnicos provinciais están a avaliar preto doutras 500 solicitudes, que remitiron á Deputación outros tantos colectivos veciñais da provincia que concorren ás novas axudas tamén de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno Provincial para levar a cabo máis melloras de servizos públicos en pequenas localidades dos 67 Concellos, que favorezan a vida no rural e do rural.