A Deputación financia con 734.000 proxectos na Terra Chá e Lugo

O Goberno da Deputación financia con 734.000 euros proxectos na Terra Chá e na Comarca de Lugo. Na comarca chairega o investimento será de 391.000 euros cun total de 63 actuacións, que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 11 Concellos desta Comarca, aos que pertencen os colectivos veciñais que resultaron beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Estes municipios son os de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Vilalba e Xermade.

O número de actuacións (63) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños da Terra Chá, que participaron no proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía, posto en marcha ao abeiro de dito plan. A finalidade destas subvencións foi a seguinte:

Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 19 axudas duns 49.165 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están en produción. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 6 axudas de 30.250 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 13 axudas de 140.761 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 9 axudas de 171.680 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 16 axudas de 64.136 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Na Comarca de Lugo cun investimento de 278.239 eurosfinancia un total de 39 actuacións, que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 7 Concellos desta zona, aos que pertencen os colectivos veciñais que resultaron beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Estes municipios son os de Begonte, Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Portomarín e Rábade.

O número de actuacións (39) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños da Comarca de Lugo, que participaron no proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía, posto en marcha ao abeiro de dito plan. A finalidade destas subvencións foi a seguinte:

Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 11 axudas de 31.798 euros para a recuperación de terras abandonadas. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 1 axuda de 5.250 euros foron para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 12 axudas de 131.165 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 2 axudas de 15.182 euros foron para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 13 axudas de 94.844 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com