A Deputación garante o servizo de teleasistencia gratuíto a outros 119 maiores

Outros 119 maiores de toda a provincia contan co servizo de Teleasistencia totalmente gratuíto, que puxo en marcha o Goberno da Deputación, asumindo todos os custos desta prestación con 300.000 euros. Son as persoas que se benefician das novas prazas deste servizo social, que dende setembro ofrece o organismo provincial. O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, mantiveron este luns un encontro cunha veciña de Vilalba, beneficiada dunha destas novas prazas.

As 119 altas de Teleasistencia leváronse a cabo en 42 Concellos. Estes son os seguintes: Viveiro, Ribas de Sil, O Vicedo, Ribadeo, Chantada, Sarria, Monforte de Lemos, Castro de Rei, Cervo, Trabada, A Pobra do Brollón, Guitiriz, Quiroga, Castroverde, Outeiro de Rei, Foz, Rábade, Becerreá, Pol, O Incio, Mondoñedo, Cervantes, Friol, Láncara, A Pastoriza, O Páramo, Taboada, Baleira, Barreiros, Triacastela, Negueira de Muñiz, O Saviñao, Lugo, O Valadouro, Alfoz, Cospeito, Muras, Meira, A Fonsagrada, Begonte e Baralla.

Das 119 prazas de Teleasistencia, 26 están ocupadas por homes e 93 por mulleres. A súa distribución por zonas é a seguinte:

Na Mariña: concedéronse 40 prazas, 8 a homes e 32 a mulleres. Son maiores de Viveiro, O Vicedo, Ribadeo, Cervo, Trabada, Foz, Mondoñedo, Barreiros, Alfoz, Foz e O Valadouro.

Zona Centro: 28 prazas, 9 a homes e 19 mulleres. Son maiores de Begonte, Muras, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Outeiro de Rei, A Pastoriza, Pol, Lugo e Rábade.

Comarca de Sarria: 11 prazas, 1 home e 10 mulleres. Son maiores de Sarria, O Incio, Láncara, Triacastela e O Páramo.

Comarca da Ulloa: 3 prazas, todas mulleres. Son maiores de Palas de Rei.

A Montaña: 7 prazas, 1 home e 6 mulleres. Son maiores de Baralla, Baleira, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Zona Sur: 30 prazas, 7 homes e 23 mulleres. Son maiores de Chantada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Taboada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com